unha de imagination politik
é curioso o papel que xoga a imaxinación na definición do posible. A imaxinación fai uso de materiais de construción simbólicos cos que debuxar camiños e roteiros. A TV, os mass media, as rr.ss., a música, o cinema, a literatura, os memes, a fotografía, e toda a mestizaxe que se vos ocorra constrúe iso que se deu en chamar imaxinario social. Os procesos políticos e económicos non escapan ao poder da imaxinación, véndose suxeitos a ela. Un proceso político e económico importante das últimas décadas é o da globalización; outro o da formación de espazos plurinacionais. Non podo aseguralo máis semella que a UE é imaxinada como unha suma de Estados e nada máis. A soberanía reside nos Estados e son estes os que a ceden, a negocian, ou a reclaman de volta. Someterse á xurisdición comunitaria ou non é decisión deses Estados. Artellar políticas económicas, regulacións intelixentes e coordinadas, é difícil cando distintos poderes están en tensión. O problema da coordinación entre actores,...