de como esquecemos o que fomos
As identidades que foron son como cruzar as augas do Limia.
As formas que
adoptan as linguas son misteriosas: quen decidiu a altura dun século
esquecido que en galego prescindiríase dos tempos verbais compostos?
Como alguén comezou dicir “vai frío” e uns quilómetros máis
alá o frío faino? Porque unha obediencia aquí si e alí non?
Hoxe en día as
academias e os mass media deciden as formas e os modos... quen o
facía hai mil, ou mil cincocentos anos? Como se sucedían os
criterios aquí e alá?
Que son as fronteiras senón ríos con memoria?
Comentarios
Publicar un comentario