liberticidio (a little bit)
Unha parte da fama que ten obtido Rawls débese ás posibilidades que ofrece a súa teoría do veo da ignorancia. Mediante ela é posible xustificar políticas redistributivas. Nunha espléndida palestra retrúcalle Zizek ao argumento rawlsiano que a lóxica da envexa e o resentimento impide a aplicación práctica do veo. Mais iso pode ser certo no caso da caridade ou os donativos nominativos, non ten por que selo no caso dos impostos. Quero chamar primeiro a atención que o resentimento é un sentimento moral que depende do instrumento empregado: cando o suxeito caritativo dá é o receptor da caridade o que pode sentirse resentido; cando o suxeito impoñible é gravado pode sentir tamén resentimento. No primeiro caso os destinatarios do resentimento son os doantes, no segundo adoita ser o Estado ou os receptores de axuda (inmigrantes, parasitos sociais, etc). Cando os impostos están ben deseñados, non gravando desproporcionadamente, explicándoselle aos suxeitos o destino dos cartos, habend...