rematando
Quería aclarar cousiñas da última entrada do blog e ir anunciando a retirada ate outra. Pensamos volver.
Aclarar:
- Elaborei a última entrada un pouco improvisadamente, sen repasar nen reflexionar, de aí o difícil de entender algunhas das notas.
- Cando falaba de “blues (os cartos diñeiro independencia e liberdade)” tiña en mente unha actuación de Howlin' Wolf que me impresionou. Falaba de que cando non tiñas cartos tiña-lo blues. O blues é quedar sen un peso. Nese momento es merda.
- Cando falo de “jazz (abstracción jazz)” penso por unha banda en Coltrane e pola outra na contraposición do jazz respecto do blues. O blues xorde dunha dor concreta á que pon son e nome. Quéixase da dor. O Jazz é infinitamente aberto, abstraéndose de calquera concreción, ou cando menos penso que esa é a súa tendencia. Penso o mesmo respecto do techno, por iso puxen “electrónica (o caso da abstracción house)”. En fin, cousas miñas.
- Son consciente de que mesturo cousas e de que os elementos que aparecen na clasificación nalgúns casos son bastante cuestionables en tanto que “anglosaxóns” ou “non anglosaxóns”. WTF.
- Son tamén cuestionables as conclusións ás que chego, sendo incluso un tanto groseiras. Seino.
- Mañá ou pasado intentarei escribir algo sobre imposición, Rawls, indiferenza e Žižek. Ultimamente estou súper a favor dos impostos e das transferencias de renda. Había outra cousa da que quería escribir mais esqueceume.
- É bastante posible que este caderno volva ao barbeito ata mellor ocasión. Remata o verán.
Comentarios
Publicar un comentario