rencor
Nesta entrada quería eu quitarlle razón ao Zizek. Obxectaba o Zizek que o resentimento impediría aplicar o criterio da xustiza redistributiva rawlsiano (o veo da ignorancia): cando sentimos rencor non somos quen de poñernos no lugar do outro. Para quitarlle a razón a Zizek falei eloxiosamente dos impostos. Os impostos, cando están ben deseñados funcionan como mecanismo de redistribución impersoal: entón entra en funcionamento outro veo que impide que o resentimento se encarne. E falaba de máis cousas. Mais existen outros mecanismos despersonalizadores máis importantes que os impostos en economía. Eses mecanismos actúan a traveso dunha man invisible. Ademais de guiar conduta o interese amansa feras: Cando a economía funciona o rencor disípase; cando non brota. E que sucede cando entran en xogo eses potentes motores políticos? Sucede que son postas en marcha as políticas das identidades: o rencor busca culpables. Volvendo ao interese en As Paixóns e mailos Intereses fala Hirsch...