Doume por ver unha serie de filmes adoptando unha perspectiva de xénero. Eses filmes nunca me chamaron a atención: Jungla de cristal ( Die Hard ) vina por primeira vez con ocasión da preparación desta entrada e vin o 50% da película, Harry el sucio ( Dirty Harry ) creo que a vira algo de neno pero nin me lembro nin causou impresión en min, Rambo cero, Terminator si que algo. O cinema negro xa é outro falar. Falarei das dúas primeiras. As sesións de visionado realiceinas este Nadal como refuxio de lacazanería interesada. Doume tamén por ver algunhas que non cadraban exactamente nin nas pelis de acción masculina dos 70s e os 80s nin no cinema negro: The Rear window , The man who knew too much e Vertigo . Os protagonistas masculinos e a familia nas historias de detectives. No cinema negro (vin The Big Heat , While the City Sleeps , Encuentro en la Noche ) a muller, cando desexa pracer aparece como perigo da estabilidade familiar, un exceso que conducía á perdición....