Suxeito económico en Jean Tirole
Estou a ler A Economía do Ben Común, do nobel en Economía Jean Tirole.
A que denomina el internalidades? De que depende a
nosa capacidade de facer asumir os seus costos ou beneficios? Facer
ao suxeito consistente.
As externalidades son costos (beneficios) que
son repercutidos pola actividade dun axente sobre outro. O Jean Tirole
chama a internalidades constitúe un concepto econonomicamente máis
problemático. Denomina internalidades ao que lles sucede, por
exemplo, aos suxeitos cuxa conduta é inconsistente dende unha
perspectiva intertemporal. Cando leo a Jean Tirole entendo que con
ese concepto quere sinalar a aqueles costos que o suxeito económico
repercute sobre si, a condutas contrarias ao propio interese. É un
concepto economicamente problemático debido a como se separa do
concepto de externalidade, podendo chamar a confusión.
Nunha
externalidade a busca do propio interese por parte dun suxeito ten
consecuencias sobre o interese doutro suxeito, máis eses dous
intereses non están ligados. Porén, se identificamos internalidade
simplemente cunha conduta como a da inconsistencia intertemporal aquí
mesturamos cousas: existen condutas inconsistentes causadas pola
incapacidade do suxeito para dominar as
súas paixóns, como pode comprobarse mediante a lectura dos artigos
de George Loewenstein. Mais temos tamén artigos como os de Dupas e Robinson, nos que a conduta de inconsistencia temporal é debida á
non dispoñibilidade de tecnoloxías de aforro acaidas. Ou, incluso,
eses casos nos que a estrutura do medio que se habita condiciona a
realización desa inconsistencia.
Esta dependencia do
alleo fai do concepto de internalidade un “false friend”. Así,
se a inconsistencia dun suxeito está relacionada co interese de
outro, e ese outro suxeito ten capacidade para modificar a estrutura
do medio, ou dificultar (facilitar) a accesibilidade a tecnoloxías
que posibilitan a (in)consistencia, estamos apañados. Entón estamos
ante unha relación de interdependencia na que un suxeito pode tirar
proveito das debilidades de outro. Chamar a iso internalidade non
axuda a entender o que está a suceder.
Non é só unha
cuestión nominativa. Cando realicei a tese traballei moito sobre
esa mesma cuestión: a de interpretar condutas inconsistentes dende a
perspectiva do suxeito económico tradicional, que procura a
realización do seu propio interese. Cando o suxeito é inconsistente
o seu inimigo non é só el mesmo. Que a inconsistencia dependa de
como o medio está estruturado fai que terceiros axentes poidan
condicionar tirar proveito das circunstancias.
A industria
alimentaria española ven de asinar un pacto para limitar o volume de
azucre, sal e graxas nos alimentos que ofrecen para o consumo.
Comentarios
Publicar un comentario