Laicismo e relixión.
Non me gusta facer profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo hoxe vai como descargo do que calei onte. Son laico e ateo. Ao mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores. Por outra banda fun criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser humano abandonado por deus. Non creo e...