Laicismo e relixión.
Non me gusta facer
profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser
evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso
católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo
hoxe vai como descargo do que calei onte.
Son laico e ateo. Ao
mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de
doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante
valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na
igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores
laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores.
Por outra banda fun
criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e
rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do
cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao
que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese
momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser
humano abandonado por deus. Non creo en que haxa algo aí arriba, no
ceo, ou aló abaixo nos infernos; creo que só contamos os uns cos
outros aquí, que as comunidades que conformamos son todo o que
temos. E que o mundo é unha mestura de ben e de mal, de cousas
preciosas e horrendas. E para de contar.
Comentarios
Publicar un comentario