Para todo o demais poética
Co paso dos anos
unha das aprendizaxes que estou a apreciar máis é a dos hábitos
bos. Os bos hábitos e as rutinas ben deseñadas son camiños
pavimentados: non debemos recorrer a eles para calquera cousa mais
para os tránsitos principais da vida axudan a chegar con tempo. A
vontade propia, da que tanto gustan os pensadores románticos, é un
combustible necesario mais cómpre economizalo. Ademais, os estados
de ánimo son variables e as contrariedades cotiás frecuentes. Por
iso penso que para algunhas cousas un bo hábito vale por mil boas
intencións.
En segundo lugar
están as boas ferramentas e as estruturas acaidas. Sempre fun
trapalleiro e desorganizado, a miña tendencia natural é á desorde
e ao descoido. Síntome moi cómodo no deixarme levar. Por iso agora
compro cadernos – axenda, e vaime moi ben.
Para todo o demais poética.
Comentarios
Publicar un comentario