Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

Laicismo e relixión.

Non me gusta facer profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo hoxe vai como descargo do que calei onte. Son laico e ateo. Ao mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores.
Por outra banda fun criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser humano abandonado por deus. Non creo en que haxa …

Para todo o demais poética

Imagen
Co paso dos anos unha das aprendizaxes que estou a apreciar máis é a dos hábitos bos. Os bos hábitos e as rutinas ben deseñadas son camiños pavimentados: non debemos recorrer a eles para calquera cousa mais para os tránsitos principais da vida axudan a chegar con tempo. A vontade propia, da que tanto gustan os pensadores románticos, é un combustible necesario mais cómpre economizalo. Ademais, os estados de ánimo son variables e as contrariedades cotiás frecuentes. Por iso penso que para algunhas cousas un bo hábito vale por mil boas intencións.
En segundo lugar están as boas ferramentas e as estruturas acaidas. Sempre fun trapalleiro e desorganizado, a miña tendencia natural é á desorde e ao descoido. Síntome moi cómodo no deixarme levar. Por iso agora compro cadernos – axenda, e vaime moi ben. Para todo o demais poética.

nobel prize in marketing economics

Déronlle o Nobel a Thaler. É un economista orixinal e creativo. Foi moi importante na miña tese. Isto fai que me sinta na obriga de falar del malia que a complexidade do papel que ten xogado na economía condutual durante corenta anos fai que sexa difícil. Estiven a repasar os lugares nos que aparece na tese. Primeiramente falo del para describir os inicios da Economía condutual dado que o seu papel foi fundamental en tanto que promotore estratega na súa difusión. Porén, en tanto que teórico da conduta económica Thaler é importante por: Ser o primeiro en intentar integrar anomalías condutuais (dende unha perspectiva da racionalidade económica convencional) en modelos económicos marxinalistas. O seu traballo sobre inconsistencia temporal foi igualmente pioneiro. Chegar o primeiro é o que ten. Atento a toda anomalía existente Thaler deu co traballo do psicólogo Ainslie sobre desconto hiperbólico. O seu traballo será continuado con posterioridade por Loewenstein e Prelec e máis p…