Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

Masculinidades III

Imagen
E que hai das novas masculinidades xordidas nos 70s? Falo de “Tal como éramos” e de Woody Allen nesa época. Homes que falan de sentimentos, entre eles moitos de inseguridade, que se expoñen e ás veces perden. Son testemuña dunha novidade, de novas formas de relacionarse.

Suxeito económico en Jean Tirole

Imagen
Estou a ler A Economía do Ben Común, do nobel en Economía Jean Tirole. A que denomina el internalidades? De que depende a nosa capacidade de facer asumir os seus costos ou beneficios? Facer ao suxeito consistente.  As externalidades son costos (beneficios) que son repercutidos pola actividade dun axente sobre outro. O Jean Tirole chama a internalidades constitúe un concepto econonomicamente máis problemático. Denomina internalidades ao que lles sucede, por exemplo, aos suxeitos cuxa conduta é inconsistente dende unha perspectiva intertemporal. Cando leo a Jean Tirole entendo que con ese concepto quere sinalar a aqueles costos que o suxeito económico repercute sobre si, a condutas contrarias ao propio interese. É un concepto economicamente problemático debido a como se separa do concepto de externalidade, podendo chamar a confusión.  Nunha externalidade a busca do propio interese por parte dun suxeito ten consecuencias sobre o interese doutro suxeito, máis eses dous intereses non está…

Masculinidades II

Imagen
Doume por ver unha serie de filmes adoptando unha perspectiva de xénero. Eses filmes nunca me chamaron a atención: Jungla de cristal (Die Hard) vina por primeira vez con ocasión da preparación desta entrada e vin o 50% da película, Harry el sucio (Dirty Harry) creo que a vira algo de neno pero nin me lembro nin causou impresión en min, Rambo cero, Terminator si que algo. O cinema negro xa é outro falar. Falarei das dúas primeiras. As sesións de visionado realiceinas este Nadal como refuxio de lacazanería interesada. Doume tamén por ver algunhas que non cadraban exactamente nin nas pelis de acción masculina dos 70s e os 80s nin no cinema negro: The Rear window, The man who knew too much e Vertigo.
Os protagonistas masculinos e a familia nas historias de detectives. No cinema negro (vinThe Big Heat, While the City Sleeps, Encuentro en la Noche) a muller, cando desexa pracer aparece como perigo da estabilidade familiar, un exceso que conducía á perdición. O feminino que desata o gr…