unha de imagination politik


é curioso o papel que xoga a imaxinación na definición do posible. A imaxinación fai uso de materiais de construción simbólicos cos que debuxar camiños e roteiros. A TV, os mass media, as rr.ss., a música, o cinema, a literatura, os memes, a fotografía, e toda a mestizaxe que se vos ocorra constrúe iso que se deu en chamar imaxinario social. Os procesos políticos e económicos non escapan ao poder da imaxinación, véndose suxeitos a ela. Un proceso político e económico importante das últimas décadas é o da globalización; outro o da formación de espazos plurinacionais.
Non podo aseguralo máis semella que a UE é imaxinada como unha suma de Estados e nada máis. A soberanía reside nos Estados e son estes os que a ceden, a negocian, ou a reclaman de volta. Someterse á xurisdición comunitaria ou non é decisión deses Estados. Artellar políticas económicas, regulacións intelixentes e coordinadas, é difícil cando distintos poderes están en tensión. O problema da coordinación entre actores, a posibilidade da existencia de free riders, (grupos que sacan proveito do esforzo alleo ou que endosan a outros o lixo propio) medra cando a soberanía é distraída.
Portugal ten sido exemplo de políticas forestais nefastas. O grande problema ecolóxico que teñen provocado fixo espertar a conciencia dos portugueses que decidiron prohibir a plantación de eucaliptos. Informan os media estes días que a principal multinacional papeleira que opera en Portugal pensa vir estrebillar á Galiza, enredar con nós. Tamén nos media lin hai pouco que hai científicos que estiman que en oitenta anos haberá un Sahara por baixo da liña que vai de Alicante a Lisboa. 
A imaxinación actúa tamén como a capacidade de construír camiños que non existen mais que son posibles e que, dadas as circunstancias, podemos representarnos incluso como necesarios.

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

catástrofe y trauma

BAD HABITS