rematando


Quería aclarar cousiñas da última entrada do blog e ir anunciando a retirada ate outra. Pensamos volver.

Aclarar:
  1. Elaborei a última entrada un pouco improvisadamente, sen repasar nen reflexionar, de aí o difícil de entender algunhas das notas.
  2. Cando falaba de “blues (os cartos diñeiro independencia e liberdade)” tiña en mente unha actuación de Howlin' Wolf que me impresionou. Falaba de que cando non tiñas cartos tiña-lo blues. O blues é quedar sen un peso. Nese momento es merda. 
  3. Cando falo de “jazz (abstracción jazz)” penso por unha banda en Coltrane e pola outra na contraposición do jazz respecto do blues. O blues xorde dunha dor concreta á que pon son e nome. Quéixase da dor. O Jazz é infinitamente aberto, abstraéndose de calquera concreción, ou cando menos penso que esa é a súa tendencia. Penso o mesmo respecto do techno, por iso puxen “electrónica (o caso da abstracción house)”. En fin, cousas miñas.
  4. Son consciente de que mesturo cousas e de que os elementos que aparecen na clasificación nalgúns casos son bastante cuestionables en tanto que “anglosaxóns” ou “non anglosaxóns”. WTF. 
  5. Son tamén cuestionables as conclusións ás que chego, sendo incluso un tanto groseiras. Seino. 
  6. Mañá ou pasado intentarei escribir algo sobre imposición, Rawls, indiferenza e Žižek. Ultimamente estou súper a favor dos impostos e das transferencias de renda. Había outra cousa da que quería escribir mais esqueceume. 
  7. É bastante posible que este caderno volva ao barbeito ata mellor ocasión. Remata o verán. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Masculinidades I

de como esquecemos o que fomos