Masculinidades I


Comentario sobre Pornotopia, de Paul B. Preciado.


A tese de Paul B. Preciado en torno á Playboy ten como punto de referencia os novos dispositivos, substancias e tecnoloxías sexuais e o seu impacto sobre as formas de exercicio do poder, por exemplo as mudanzas involucradas pola introdución das técnicas anticonceptivas. De como o home busca dominar a esfera doméstica dun xeito novo.
As técnicas anticonceptivas involucran de xeito inevitable unha crise ideolóxica do doméstico e dos coidados. Fala Preciado da importancia que adquire a mediados de século a masturbación masculina. O desenvolvemento da industria erótica desvela novas formas de entender o sexo, trátase do nacemento das revistas masculinas estilo Playboy. Hugh Hefner non inicia unha empresa senón que funda un movemento ideolóxico que reivindica ao home no fogar (en bata, zapatillas e con gorra de capitán), cunha nova sexualidade. Actúa como o fascismo coa modernidade: unha revolución reaccionaria que se opón ás formas tradicionais de sexualidade. Así, existen grupos conservadores que se enfrontan, ofendidos, a esa revolución reaccionaria. Contra o que algunha xente defende non podemos dicir que esa revolución sexa progresista. A muller pasa de ser un obxecto de gozo privado a un obxecto de gozo en exhibición. Ámbalas dúas formas de machismo coinciden en tratala como un obxecto carente de desexo de seu.

Comentarios

Entradas populares de este blog

de como esquecemos o que fomos