Entradas

de como esquecemos o que fomos

Imagen
As identidades que foron son como cruzar as augas do Limia. As formas que adoptan as linguas son misteriosas: quen decidiu a altura dun século esquecido que en galego prescindiríase dos tempos verbais compostos? Como alguén comezou dicir “vai frío” e uns quilómetros máis alá o frío faino? Porque unha obediencia aquí si e alí non? Hoxe en día as academias e os mass media deciden as formas e os modos... quen o facía hai mil, ou mil cincocentos anos? Como se sucedían os criterios aquí e alá? Que son as fronteiras senón ríos con memoria?

rencor

Imagen
Nesta entrada quería eu quitarlle razón ao Zizek. Obxectaba o Zizek que o resentimento impediría aplicar o criterio da xustiza redistributiva rawlsiano (o veo da ignorancia): cando sentimos rencor non somos quen de poñernos no lugar do outro. Para quitarlle a razón a Zizek falei eloxiosamente dos impostos. Os impostos, cando están ben deseñados funcionan como mecanismo de redistribución impersoal: entón entra en funcionamento outro veo que impide que o resentimento se encarne. E falaba de máis cousas. Mais existen outros mecanismos despersonalizadores máis importantes que os impostos en economía. Eses mecanismos actúan a traveso dunha man invisible. Ademais de guiar conduta o interese amansa feras: Cando a economía funciona o rencor disípase; cando non brota. E que sucede cando entran en xogo eses potentes motores políticos? Sucede que son postas en marcha as políticas das identidades: o rencor busca culpables. Volvendo ao interese en As Paixóns e mailos Intereses fala Hirsch...

mercado e arquitectura pública

Imagen
Os uso de información privada por compañías tecnolóxicas adoita enfocarse como unha cuestión de dereitos individuais, e así é. Máis é tamén, e a min prodúceme unha maior vertixe, a dimensión ontolóxica do asunto. Existe un modelo de David Laibson, A Cue Theory of Consumption , sobre estrutura de mercado, estímulos aditivos, e condicionamento condutual. Amosa ata que punto podemos devir radicalmente outros en función da estrutura dos incentivos que nos arrodean. Está despois a charla de Zeynep Tufekci, programadora de orixe turca que ten devido en socióloga. Zeynep defende moi convincentemente que existe un conflito entre uso privado de algoritmos de condicionamento condutual, o poder que outorgan a quen os usa para condicionar a conduta de millóns de persoas e os seus efectos políticos. De feito, algo diso hai no hackeo ruso das últimas eleccións nos EUA. Dende unha perspectiva económica poderiamos dicir que eses algoritmos afectan de xeito desproporcionado ás preferencias...

Laicismo e relixión.

Non me gusta facer profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo hoxe vai como descargo do que calei onte. Son laico e ateo. Ao mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores. Por outra banda fun criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser humano abandonado por deus. Non creo e...

Para todo o demais poética

Imagen
Co paso dos anos unha das aprendizaxes que estou a apreciar máis é a dos hábitos bos. Os bos hábitos e as rutinas ben deseñadas son camiños pavimentados: non debemos recorrer a eles para calquera cousa mais para os tránsitos principais da vida axudan a chegar con tempo. A vontade propia, da que tanto gustan os pensadores románticos, é un combustible necesario mais cómpre economizalo. Ademais, os estados de ánimo son variables e as contrariedades cotiás frecuentes. Por iso penso que para algunhas cousas un bo hábito vale por mil boas intencións. En segundo lugar están as boas ferramentas e as estruturas acaidas. Sempre fun trapalleiro e desorganizado, a miña tendencia natural é á desorde e ao descoido. Síntome moi cómodo no deixarme levar. Por iso agora compro cadernos – axenda, e vaime moi ben. Para todo o demais poética.

nobel prize in marketing economics

Déronlle o Nobel a Thaler. É un economista orixinal e creativo. Foi moi importante na miña tese. Isto fai que me sinta na obriga de falar del malia que a complexidade do papel que ten xogado na economía condutual durante corenta anos fai que sexa difícil. Estiven a repasar os lugares nos que aparece na tese. Primeiramente falo del para describir os inicios da Economía condutual dado que o seu papel foi fundamental en tanto que promotor e estratega na súa difusión. Porén, en tanto que teórico da conduta económica Thaler é importante por: Ser o primeiro en intentar integrar anomalías condutuais (dende unha perspectiva da racionalidade económica convencional) en modelos económicos marxinalistas. O seu traballo sobre inconsistencia temporal foi igualmente pioneiro. Chegar o primeiro é o que ten. Atento a toda anomalía existente Thaler deu co traballo do psicólogo Ainslie sobre desconto hiperbólico. O seu traballo será continuado con posterioridade por Loewenste...

liberticidio (a little bit)

Imagen
Unha parte da fama que ten obtido Rawls débese ás posibilidades que ofrece a súa teoría do veo da ignorancia. Mediante ela é posible xustificar políticas redistributivas. Nunha espléndida palestra retrúcalle Zizek ao argumento rawlsiano que a lóxica da envexa e o resentimento impide a aplicación práctica do veo. Mais iso pode ser certo no caso da caridade ou os donativos nominativos, non ten por que selo no caso dos impostos. Quero chamar primeiro a atención que o resentimento é un sentimento moral que depende do instrumento empregado: cando o suxeito caritativo dá é o receptor da caridade o que pode sentirse resentido; cando o suxeito impoñible é gravado pode sentir tamén resentimento. No primeiro caso os destinatarios do resentimento son os doantes, no segundo adoita ser o Estado ou os receptores de axuda (inmigrantes, parasitos sociais, etc). Cando os impostos están ben deseñados, non gravando desproporcionadamente, explicándoselle aos suxeitos o destino dos cartos, habend...