Masculinidades II



Doume por ver unha serie de filmes adoptando unha perspectiva de xénero. Eses filmes nunca me chamaron a atención: Jungla de cristal (Die Hard) vina por primeira vez con ocasión da preparación desta entrada e vin o 50% da película, Harry el sucio (Dirty Harry) creo que a vira algo de neno pero nin me lembro nin causou impresión en min, Rambo cero, Terminator si que algo. O cinema negro xa é outro falar. Falarei das dúas primeiras.
As sesións de visionado realiceinas este Nadal como refuxio de lacazanería interesada. Doume tamén por ver algunhas que non cadraban exactamente nin nas pelis de acción masculina dos 70s e os 80s nin no cinema negro: The Rear window, The man who knew too much e Vertigo.

Os protagonistas masculinos e a familia nas historias de detectives.
No cinema negro (vinThe Big Heat, While the City Sleeps, Encuentro en la Noche) a muller, cando desexa pracer aparece como perigo da estabilidade familiar, un exceso que conducía á perdición. O feminino que desata o gran perigo, unha paixón que é como unha tempestade que devasta.
Hitchcock interesounos dende ese punto de vista. Non sei que lle tiña o Stewart: semella que aparece como prototipo do home familiar, un home que pode xogar con nenas e nenos. E porén, en Hitchcock trátase da exhibición dunha masculinidade ameazada por novas mulleres:
  • The roar window: neste filme é evidente que a afección polo asexo do singular protagonista ten por obxecto non someterse ao compromiso da parella. Grace Kelly encarna unha muller independente e madura, que quere algo máis que sexo co protagonista masculino. James fuxe desa proposición a fume de carozo.
  • The man who know too much: este filme non encaixa moito coa miña tese sobre a parella Hitchcock – Stewart. Porén lembremos: neste caso Stewart está xa casado, a súa muller, a singularmente loira Doris Day, fai dunha cantante que renuncia á súa carreira para ser nai. No filme Stewart, un médico de provincias, trata de exercer de pater familias ata que chega o momento da verdade, no que só a voz de Day pode dar co paradoiro do fillo perdido.
  • Vertigo. Masculinidade exposta ao perigo do feminino en estado puro. Muller como ameaza e atracción absoluta. Folga todo comentario.

Pasan as décadas, o Rock & Roll, o hippismo e os porros, a psicodelia e o ácido... e Charles Mason, non fai falta nada máis... só se cadra un pouco do protopunk dos Stooges e o transformismo de David Bowie... o krausrock? pero pouco máis. Despois de tamaña hecatombe para as identidades masculinas tradicionais está todo perdido. Ou se cadra non.
A liberación que trae o condón leva tempo traducíndose desinhibidamente no asento abatido de decenas de miles de carros por todo o mundo, en resistencias ao abandono do posto de traballo por parte das mulleres, en planificación familiar. Nese contexto, que debe facer un home para conservar a súa dignidade?

Die Hard vs Dirty Harry II: a controversia.
A muller liberada que se cadra podes recuperar; o horror da libre sexualidade e o lugar do home nese contexto. 
  • En Dirty Harry actuar como mediante unha dobre negatividade: transgredir a lei para loitar contra aqueles que transgriden a lei. Na segunda parte da saga o malo actúa como un alter ego do propio Harry sendo a diferenza entre o un e o outro que o protagonista protexe aos cidadáns e extermina a quen viola a lei. Sen intermediarios. 
  • É de sumo interese a diferenza entre Harry e John McClane. Este último está realmente desesperado por atar de novo a unha muller que sinte que se lle escapa (a California nada menos). O xeito de facelo e ser moi home, hiper masculinizándose. 
  • Harry non precisa de vínculos sociais, despreza o mundo moderno coas súas liberalidades e os seus hipócritas burócratas. 
Folga dicir cal das dúas figuras espertaban máis simpatías entre os meus amigos: Harry é sólido como unha roca. Algún amigo prefería Die Hard como filme de acción... puro esteticismo. A maioría preferían a Harry.

Preguntas pendentes, se cadra para un Masculinidades III:
Fargo. Un novo paradigma de coidado e protección?

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

BAD HABITS

catástrofe y trauma