The Spotify Cultural Independence Index




En Spotify, é posible ver as tendencias do máis escoitado por país (charts > top 50 by country). Estiven a facer pescuda das tendencias a nivel global e de que predomina (o top 5 de cada país). Pode observarse:
O predominio da cultura musical estadounidense en centroeuropa (Marshmello, Rudimental, Drake, The chainsmokers, Dua Lipa XXXtentation figuran no top de tódalas listas). En Dinamarca, Alemaña, Austria, Eslovaquia, Hungría, etc. Tamén Estonia, Lituania, Noruega, Suecia, Dinamarca, ... Resulta curioso porque son países culturalmente moi potentes noutros ámbitos culturais, máis se reparamos en a que atenden os consumidores de música deses países vemos un uniforme predominio anglosaxón. Visitei tamén o top doutros países do mundo, de Asía principalmente, e repítense os hits de centroeuropa: as mesmas tendencias e artistas. Mais non é en tódolos países así:
  • Italia ten cousiñas distintas: (Vegas Jones, Sfera Ebbasta, 2º, 3º, 4º, Drake, Ghali)
  • Francia tamén: (Lartisté, Drake, Vlad, Dadju, Maitre Gims)
  • Finlandia ten algunha cousa distinta. (Tippa, Nikke Ankara, Sanni, Evelina, Marshmello)
  • Islandia ten algunha cousa distinta. (Drake, Aron Can, XXXTentation, Ligi Pedro)
  • Xapón ten algunha cousa distinta. (Masaki Suda, Ed Sheeran, Daoko, one ok rock, Zedd)
  • Latinoamérica vai por libre: reaggeton.
  • España sigue a Latinoamérica. (Nicky Jam, Daddy Yankee, Bad Bunny, Reik, Aitana)
  • Brasil ten a súa propia onda, moi interesante. (Mc Kevinho, Anitta, Jorge e Mateus, Gustavo Lima, Mattheus e Kauan).

Rusia, India e China non figuran na lista, mais se se investiga un pouco pode observarse que van por libre.

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

BAD HABITS

catástrofe y trauma