Entradas

Laicismo e relixión.

Non me gusta facer profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo hoxe vai como descargo do que calei onte. Son laico e ateo. Ao mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores. Por outra banda fun criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser humano abandonado por deus. Non creo e...

Para todo o demais poética

Imagen
Co paso dos anos unha das aprendizaxes que estou a apreciar máis é a dos hábitos bos. Os bos hábitos e as rutinas ben deseñadas son camiños pavimentados: non debemos recorrer a eles para calquera cousa mais para os tránsitos principais da vida axudan a chegar con tempo. A vontade propia, da que tanto gustan os pensadores románticos, é un combustible necesario mais cómpre economizalo. Ademais, os estados de ánimo son variables e as contrariedades cotiás frecuentes. Por iso penso que para algunhas cousas un bo hábito vale por mil boas intencións. En segundo lugar están as boas ferramentas e as estruturas acaidas. Sempre fun trapalleiro e desorganizado, a miña tendencia natural é á desorde e ao descoido. Síntome moi cómodo no deixarme levar. Por iso agora compro cadernos – axenda, e vaime moi ben. Para todo o demais poética.

nobel prize in marketing economics

Déronlle o Nobel a Thaler. É un economista orixinal e creativo. Foi moi importante na miña tese. Isto fai que me sinta na obriga de falar del malia que a complexidade do papel que ten xogado na economía condutual durante corenta anos fai que sexa difícil. Estiven a repasar os lugares nos que aparece na tese. Primeiramente falo del para describir os inicios da Economía condutual dado que o seu papel foi fundamental en tanto que promotor e estratega na súa difusión. Porén, en tanto que teórico da conduta económica Thaler é importante por: Ser o primeiro en intentar integrar anomalías condutuais (dende unha perspectiva da racionalidade económica convencional) en modelos económicos marxinalistas. O seu traballo sobre inconsistencia temporal foi igualmente pioneiro. Chegar o primeiro é o que ten. Atento a toda anomalía existente Thaler deu co traballo do psicólogo Ainslie sobre desconto hiperbólico. O seu traballo será continuado con posterioridade por Loewenste...

liberticidio (a little bit)

Imagen
Unha parte da fama que ten obtido Rawls débese ás posibilidades que ofrece a súa teoría do veo da ignorancia. Mediante ela é posible xustificar políticas redistributivas. Nunha espléndida palestra retrúcalle Zizek ao argumento rawlsiano que a lóxica da envexa e o resentimento impide a aplicación práctica do veo. Mais iso pode ser certo no caso da caridade ou os donativos nominativos, non ten por que selo no caso dos impostos. Quero chamar primeiro a atención que o resentimento é un sentimento moral que depende do instrumento empregado: cando o suxeito caritativo dá é o receptor da caridade o que pode sentirse resentido; cando o suxeito impoñible é gravado pode sentir tamén resentimento. No primeiro caso os destinatarios do resentimento son os doantes, no segundo adoita ser o Estado ou os receptores de axuda (inmigrantes, parasitos sociais, etc). Cando os impostos están ben deseñados, non gravando desproporcionadamente, explicándoselle aos suxeitos o destino dos cartos, habend...

rematando

Imagen
Quería aclarar cousiñas da última entrada do blog e ir anunciando a retirada ate outra. Pensamos volver. Aclarar: Elaborei a última entrada un pouco improvisadamente, sen repasar nen reflexionar, de aí o difícil de entender algunhas das notas. Cando falaba de “blues (os cartos diñeiro independencia e liberdade)” tiña en mente unha actuación de Howlin' Wolf que me impresionou. Falaba de que cando non tiñas cartos tiña-lo blues. O blues é quedar sen un peso. Nese momento es merda.  Cando falo de “jazz (abstracción jazz)” penso por unha banda en Coltrane e pola outra na contraposición do jazz respecto do blues. O blues xorde dunha dor concreta á que pon son e nome. Quéixase da dor. O Jazz é infinitamente aberto, abstraéndose de calquera concreción, ou cando menos penso que esa é a súa tendencia. Penso o mesmo respecto do techno, por iso puxen “electrónica (o caso da abstracción house)”. En fin, cousas miñas. Son consciente de que mesturo cousas e de que os elementos ...

The Last Kingdom (especial)

Imagen
Lévolle dando voltas á visión anglosaxoa que teño das cousas, da unfluencia da súa cultura en min na última década, de se ter cartos libera e realiza. e como agora está de moda a acumulación de datos aí vai unha, o mellor estruturada que puiden, iso si. A VISIÓN ANGLOSAXOA QUE TEÑO DAS COUSAS. cultura audiovisual: series de TV. GoT, twin peaks, the wire, true detective, the leftovers, atlanta, the night of, mad men, braking bad, mr robot cinema: stars wars, el señor de los anillos, iñarritu, tarantino, gravity, the children of men, dunkirk, os heroes. música: metal, rock, blues (os cartos diñeiro independencia e liberdade), jazz (abstracción jazz), pop, punk, garage, trap, hip hop, electronica (o caso da abstracción house) o caso da literatura (científica, filosófica e da outra) Ensaio e filosofía: principalmente literatura económica ou relacionada coa economía: Rawls, Sen, Buchanan, Rorty, Kahneman, Tversky, Friedman, Simon, Laibson, Bowles, North, ...

unha de imagination politik

Imagen
é curioso o papel que xoga a imaxinación na definición do posible. A imaxinación fai uso de materiais de construción simbólicos cos que debuxar camiños e roteiros. A TV, os mass media, as rr.ss., a música, o cinema, a literatura, os memes, a fotografía, e toda a mestizaxe que se vos ocorra constrúe iso que se deu en chamar imaxinario social. Os procesos políticos e económicos non escapan ao poder da imaxinación, véndose suxeitos a ela. Un proceso político e económico importante das últimas décadas é o da globalización; outro o da formación de espazos plurinacionais. Non podo aseguralo máis semella que a UE é imaxinada como unha suma de Estados e nada máis. A soberanía reside nos Estados e son estes os que a ceden, a negocian, ou a reclaman de volta. Someterse á xurisdición comunitaria ou non é decisión deses Estados. Artellar políticas económicas, regulacións intelixentes e coordinadas, é difícil cando distintos poderes están en tensión. O problema da coordinación entre actores,...