as cousas de ser sufrido


unha amiga defendía o outro día a necesidade de pousa-la mirada sobre as formas propias de espiritualidade. Referíase ao cristianismo en Europa. Falaba de recuperar e conservar. 
A miña posición cando a miña amiga se pon así é profundamente reaccionaria. Con moita frecuencia os seus argumentos incomódanme, síntome distante da súa forma de ver e sentir. Como consecuencia acabei preso dunha liorta que non quería: discutindo sobre a espiritualidade de Occidente por culpa dun comentario meu sobre canta xente hai hoxe facendo ioga. 
Como esta clase de situacións son frecuentes teño dado en adoptar estratexias de contención e aplacamento: Defina vostede espiritualidade. Existe realmente unha espiritualidade occidental? De que xeito está esa espiritualidade relacionada co cristianismo? Cal é a espiritualidade dominante hoxe en Occidente? É Latinoamérica Occidente? Por que conservar e recuperar? Que hai de malo nas novas formas de espiritualidade? Que medidas prácticas e concretas propón vostede para conservar?
O malo é que non sempre teño forzas para parapetarme deste xeito e non é rara a vez na que acabamos berrando. Tamén é certo que a miña rival é moi destra e quere guerra. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

BAD HABITS

catástrofe y trauma