comenta Deaton


Angus Deaton é un tío que me cae ben. Xa sei que moita da dereita española está encantanda con él mais considero que é un tío honesto e intelixente. Precisamente por iso intentarei meterlle brasa.
Comenta Deaton que tradicionalmente se ten defendido a intervención do Estado na economía de mercado debido á súa capacidade redistributiva: o mercado sería un mecanismo cego que distribúe sen reparar; o Estado quitaría aos ricos para, fundamentalmente, o mantemento de institucións que permiten a igualdade (escolas, hospitais e unha rede de seguridade social que protexe de determinados riscos).
Tradicionalmente os defensores do mercado en contra do Estado argumentan que tal intervención pode xenerar ineficiencias dado que distorsiona os incentivos dos emprendedores, diminúe a capacidade de aforro e investimento dos capitalistas e está suxeita á corrupción política.
Comenta Deaton que esta non é unha verdade universal establecida. Que moitas veces os Estados son maquinarias de distribución cara arriba: quitándolle aos pobres para darlle aos ricos. Pon o exemplo de países africanos onde isto sucede, estando o Estado capturado por as familias máis ricas e sendo utilizado para o beneficio dos menos. Pon tamén o exemplo do sistema sanitario dos E.U.A., onde os lobbies da farma industria tornan a auga pública a eido propio. Así, conclúe, existirían situacións nas que menos Estado beneficiaría aos pobres.
Mais podemos retrucarlle a Deaton en primeiro lugar con Piketty: non é só que o mercado sexa un mecanismo cego, senón que é tal cunha tendencia, a da acumulación do capital en cada vez menos mans. É dicir, o capitalismo tende á desigualdade. En segundo lugar, e revirando o seu argumento, existen circunstancias nas que máis mercado pode perxudicar aos ricos: como sucedería de eliminarse os monopolios sobre as ideas como os que substentan a Apple Inc. ou a Windows. Por último, non entramos nas evidentes circunstancias nas que o mercado por si mesmo, sendo mecanismo cego, perxudícanos a todos, queramos aceptalo ou non, como é o caso dos efectos da polución ambiental sobre a calidade de vida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

The Green Night: do verde e o vermello.

BAD HABITS

Lenguaje e idioma de los economistas I