Os uso de información privada por compañías tecnolóxicas adoita enfocarse como unha cuestión de dereitos individuais, e así é. Máis é tamén, e a min prodúceme unha maior vertixe, a dimensión ontolóxica do asunto. Existe un modelo de David Laibson, A Cue Theory of Consumption , sobre estrutura de mercado, estímulos aditivos, e condicionamento condutual. Amosa ata que punto podemos devir radicalmente outros en función da estrutura dos incentivos que nos arrodean. Está despois a charla de Zeynep Tufekci, programadora de orixe turca que ten devido en socióloga. Zeynep defende moi convincentemente que existe un conflito entre uso privado de algoritmos de condicionamento condutual, o poder que outorgan a quen os usa para condicionar a conduta de millóns de persoas e os seus efectos políticos. De feito, algo diso hai no hackeo ruso das últimas eleccións nos EUA. Dende unha perspectiva económica poderiamos dicir que eses algoritmos afectan de xeito desproporcionado ás preferencias...