Entradas

The Green Night: do verde e o vermello.

Imagen
 Falaba hai nada de The Last Duel e de que pese a boa factura faltábame algo na realización do filme. Ese algo que me faltaba teno The Green Night. Trátase dunha fantasía medieval de carácter onírico. A estética do filme serve á fin da liberación narrativa. O maior pecado dos filmes de época é a atadura da recreación. En The Duellists duelistas a luz, a sombra e a cor fan que o noso padal se embriague do espírito do romanticismo. En The Green Night a estética naif fálanos na linguaxe céltica medieval, onde a raposa fala, os xigantes reparan en nós e un cabaleiro verde outorga cabalaría. Tamén unha especie de teoría estética sobre a contraposición do verde e o vermello.

The Last Duel (2021)

Imagen
De Ridley Scott está todo dito. Entréganos dúas clases de filmes: os imprescindibles e os prescindibles. The Last Duel (2021) entra na segunda categoría. Semella unha homenaxe a Rashomon. O retrato que se fai do medievo ta ben, non imos dicir que non. Pero a estética do filme non pode, por exemplo, compararse con as mellores de Ridley (Os Duelistas ou Blade Runner). Se cadra ese é o problema con Ridley Scott, que as súas pelis boas son tan boas que as que non son tanto palidecen en comparación.

Sacred Spirit

Imagen
   Espíritu Sagrado (2021), de Chema García, trátase dun filme cunha gran idea detrás, boa produción e moi ben resolto. Mil detalles ao servizo dunha idea e dunha estética, varias capas de sentido, policromías variadas e suspense. Faltoume poder meterme máis no filme: foi se cadra o amateurismo das persoas que interpretan. Ou se cadra non: porque ao mesmo tempo cada unha delas realiza unha achega única, estando moi ben elixido o elenco para cada unha delas. En fin. Recomendable? Moito.

Persona de Bergman.

Imagen
     Onte vin por primeira vez PERSONA, de Bergman. Polo que lembro intentara vela dúas veces... seguramente no 2005/6, e despois por segunda vez non lembro cando... e non pasara nunca do primeiro famoso minuto. Pero onte flipei. Prestoume o retrato da outra, o baleiro, a evolución de Alma. Preciosa Persona.

Sex and the city.

 https://noahpinion.substack.com/p/interview-ryan-petersen-ceo-of-flexport: "Instead as city after city started enforcing lockdowns and restrictions, people started spending a lot more goods and not services. You’ve got to get your dopamine somewhere". Millóns de persoas conectadas nunha rede de incentivos, impulsadas por hábitos de consumo. De súpeto o entorno muda e o hábito busca ser satisfeito doutro xeito. Está na túa casa e na miña. 

LAS TREMENDAS MANDRÁGORAS

Imagen
Foi en 1994 porque eran os 90, e foi sábado 5 de novembro. Foi no Planta Baixa, pero forámolos ver tamén á Iguana. E estiveron sublimes, sobre todo guitarra e baixo. Facían garaxe ruidoso e molaban moito. é de destacar o artwork do grupo: conservo un single, unha entrada e este cartaz.

BAD HABITS

  Comerse una tarde de domingo, después de una siesta. Enterrarse en la apatía, vagabundo en el sofá. Levantarse y apagarlo todo. Acabar prefiriendo el silencio, la soledad sin aditivos.

Volvemos

Inmediantamente, no verán con Economía e máis cousas.

The Spotify Cultural Independence Index

Imagen
En Spotify, é posible ver as tendencias do máis escoitado por país (charts > top 50 by country). Estiven a facer pescuda das tendencias a nivel global e de que predomina (o top 5 de cada país). Pode observarse: O predominio da cultura musical estadounidense en centroeuropa (Marshmello, Rudimental, Drake, The chainsmokers, Dua Lipa XXXtentation figuran no top de tódalas listas). En Dinamarca, Alemaña, Austria, Eslovaquia, Hungría, etc. Tamén Estonia, Lituania, Noruega, Suecia, Dinamarca, ... Resulta curioso porque son países culturalmente moi potentes noutros ámbitos culturais, máis se reparamos en a que atenden os consumidores de música deses países vemos un uniforme predominio anglosaxón. Visitei tamén o top doutros países do mundo, de Asía principalmente, e repítense os hits de centroeuropa: as mesmas tendencias e artistas. Mais non é en tódolos países así: Italia ten cousiñas distintas: (Vegas Jones, Sfera Ebbasta, 2º, 3º, 4º, Drake, Ghali) Francia tamén...

Masculinidades III

Imagen
E que hai das novas masculinidades xordidas nos 70s? Falo de “Tal como éramos”  e de Woody Allen nesa época. Homes que falan de sentimentos, entre eles moitos de inseguridade, que se expoñen e ás veces perden. Son testemuña dunha novidade, de novas formas de relacionarse.

Suxeito económico en Jean Tirole

Imagen
Estou a ler A Economía do Ben Común , do nobel en Economía Jean Tirole. A que denomina el internalidades? De que depende a nosa capacidade de facer asumir os seus costos ou beneficios? Facer ao suxeito consistente.  As externalidades son costos (beneficios) que son repercutidos pola actividade dun axente sobre outro. O Jean Tirole chama a internalidades constitúe un concepto econonomicamente máis problemático. Denomina internalidades ao que lles sucede, por exemplo, aos suxeitos cuxa conduta é inconsistente dende unha perspectiva intertemporal. Cando leo a Jean Tirole entendo que con ese concepto quere sinalar a aqueles costos que o suxeito económico repercute sobre si, a condutas contrarias ao propio interese. É un concepto economicamente problemático debido a como se separa do concepto de externalidade, podendo chamar a confusión.  Nunha externalidade a busca do propio interese por parte dun suxeito ten consecuencias sobre o interese doutro suxeito, máis eses dous...

Masculinidades II

Imagen
Doume por ver unha serie de filmes adoptando unha perspectiva de xénero. Eses filmes nunca me chamaron a atención: Jungla de cristal ( Die Hard ) vina por primeira vez con ocasión da preparación desta entrada e vin o 50% da película, Harry el sucio ( Dirty Harry ) creo que a vira algo de neno pero nin me lembro nin causou impresión en min, Rambo cero, Terminator si que algo. O cinema negro xa é outro falar. Falarei das dúas primeiras. As sesións de visionado realiceinas este Nadal como refuxio de lacazanería interesada. Doume tamén por ver algunhas que non cadraban exactamente nin nas pelis de acción masculina dos 70s e os 80s nin no cinema negro:  The Rear window , The man who knew too much e Vertigo . Os protagonistas masculinos e a familia nas historias de detectives. No cinema negro (vin The Big Heat , While the City Sleeps , Encuentro en la Noche ) a muller, cando desexa pracer aparece como perigo da estabilidade familiar, un exceso que conducía á perdición....

Masculinidades I

Comentario sobre Pornotopia, de Paul B. Preciado. A tese de Paul B. Preciado en torno á Playboy ten como punto de referencia os novos dispositivos, substancias e tecnoloxías sexuais e o seu impacto sobre as formas de exercicio do poder, por exemplo as mudanzas involucradas pola introdución das técnicas anticonceptivas. De como o home busca dominar a esfera doméstica dun xeito novo. As técnicas anticonceptivas involucran de xeito inevitable unha crise ideolóxica do doméstico e dos coidados. Fala Preciado da importancia que adquire a mediados de século a masturbación masculina. O desenvolvemento da industria erótica desvela novas formas de entender o sexo, trátase do nacemento das revistas masculinas estilo Playboy. Hugh Hefner non inicia unha empresa senón que funda un movemento ideolóxico que reivindica ao home no fogar (en bata, zapatillas e con gorra de capitán), cunha nova sexualidade. Actúa como o fascismo coa modernidade: unha revolución reaccionaria que se opón ás for...

de como esquecemos o que fomos

Imagen
As identidades que foron son como cruzar as augas do Limia. As formas que adoptan as linguas son misteriosas: quen decidiu a altura dun século esquecido que en galego prescindiríase dos tempos verbais compostos? Como alguén comezou dicir “vai frío” e uns quilómetros máis alá o frío faino? Porque unha obediencia aquí si e alí non? Hoxe en día as academias e os mass media deciden as formas e os modos... quen o facía hai mil, ou mil cincocentos anos? Como se sucedían os criterios aquí e alá? Que son as fronteiras senón ríos con memoria?

rencor

Imagen
Nesta entrada quería eu quitarlle razón ao Zizek. Obxectaba o Zizek que o resentimento impediría aplicar o criterio da xustiza redistributiva rawlsiano (o veo da ignorancia): cando sentimos rencor non somos quen de poñernos no lugar do outro. Para quitarlle a razón a Zizek falei eloxiosamente dos impostos. Os impostos, cando están ben deseñados funcionan como mecanismo de redistribución impersoal: entón entra en funcionamento outro veo que impide que o resentimento se encarne. E falaba de máis cousas. Mais existen outros mecanismos despersonalizadores máis importantes que os impostos en economía. Eses mecanismos actúan a traveso dunha man invisible. Ademais de guiar conduta o interese amansa feras: Cando a economía funciona o rencor disípase; cando non brota. E que sucede cando entran en xogo eses potentes motores políticos? Sucede que son postas en marcha as políticas das identidades: o rencor busca culpables. Volvendo ao interese en As Paixóns e mailos Intereses fala Hirsch...

mercado e arquitectura pública

Imagen
Os uso de información privada por compañías tecnolóxicas adoita enfocarse como unha cuestión de dereitos individuais, e así é. Máis é tamén, e a min prodúceme unha maior vertixe, a dimensión ontolóxica do asunto. Existe un modelo de David Laibson, A Cue Theory of Consumption , sobre estrutura de mercado, estímulos aditivos, e condicionamento condutual. Amosa ata que punto podemos devir radicalmente outros en función da estrutura dos incentivos que nos arrodean. Está despois a charla de Zeynep Tufekci, programadora de orixe turca que ten devido en socióloga. Zeynep defende moi convincentemente que existe un conflito entre uso privado de algoritmos de condicionamento condutual, o poder que outorgan a quen os usa para condicionar a conduta de millóns de persoas e os seus efectos políticos. De feito, algo diso hai no hackeo ruso das últimas eleccións nos EUA. Dende unha perspectiva económica poderiamos dicir que eses algoritmos afectan de xeito desproporcionado ás preferencias...

Laicismo e relixión.

Non me gusta facer profesión ningunha de fe, non me gusta evanxelizar nin ser evanxelizado. Onte un palizas intentouno comigo. Un orgulloso católico falando das milagres da virxe. Etcétera. O que escribo hoxe vai como descargo do que calei onte. Son laico e ateo. Ao mesmo tempo penso que precisamos definirnos mediante algunha clase de doutrina: crer n'algo no sentido de estruturar a nosa vida mediante valores que ordenan o que está ben e o que está mal. Creo na igualdade, na fraternidade e na liberdade. Son os meus valores laicos. Para min Europa presta en tanto que berce deses valores. Por outra banda fun criado no catolicismo: de neno rezaba o rosario, cantaba cancións e rezaba o noso pai antes de durmir. Hai cousas que me prestan do cristianismo: a idea do próximo como alguén totalmente estraño ao que debemos prestar atención; o momento do abandono na cruz, ese momento no que segundo Chesterton deus se fai ateo, a idea do ser humano abandonado por deus. Non creo e...

Para todo o demais poética

Imagen
Co paso dos anos unha das aprendizaxes que estou a apreciar máis é a dos hábitos bos. Os bos hábitos e as rutinas ben deseñadas son camiños pavimentados: non debemos recorrer a eles para calquera cousa mais para os tránsitos principais da vida axudan a chegar con tempo. A vontade propia, da que tanto gustan os pensadores románticos, é un combustible necesario mais cómpre economizalo. Ademais, os estados de ánimo son variables e as contrariedades cotiás frecuentes. Por iso penso que para algunhas cousas un bo hábito vale por mil boas intencións. En segundo lugar están as boas ferramentas e as estruturas acaidas. Sempre fun trapalleiro e desorganizado, a miña tendencia natural é á desorde e ao descoido. Síntome moi cómodo no deixarme levar. Por iso agora compro cadernos – axenda, e vaime moi ben. Para todo o demais poética.

nobel prize in marketing economics

Déronlle o Nobel a Thaler. É un economista orixinal e creativo. Foi moi importante na miña tese. Isto fai que me sinta na obriga de falar del malia que a complexidade do papel que ten xogado na economía condutual durante corenta anos fai que sexa difícil. Estiven a repasar os lugares nos que aparece na tese. Primeiramente falo del para describir os inicios da Economía condutual dado que o seu papel foi fundamental en tanto que promotor e estratega na súa difusión. Porén, en tanto que teórico da conduta económica Thaler é importante por: Ser o primeiro en intentar integrar anomalías condutuais (dende unha perspectiva da racionalidade económica convencional) en modelos económicos marxinalistas. O seu traballo sobre inconsistencia temporal foi igualmente pioneiro. Chegar o primeiro é o que ten. Atento a toda anomalía existente Thaler deu co traballo do psicólogo Ainslie sobre desconto hiperbólico. O seu traballo será continuado con posterioridade por Loewenste...

liberticidio (a little bit)

Imagen
Unha parte da fama que ten obtido Rawls débese ás posibilidades que ofrece a súa teoría do veo da ignorancia. Mediante ela é posible xustificar políticas redistributivas. Nunha espléndida palestra retrúcalle Zizek ao argumento rawlsiano que a lóxica da envexa e o resentimento impide a aplicación práctica do veo. Mais iso pode ser certo no caso da caridade ou os donativos nominativos, non ten por que selo no caso dos impostos. Quero chamar primeiro a atención que o resentimento é un sentimento moral que depende do instrumento empregado: cando o suxeito caritativo dá é o receptor da caridade o que pode sentirse resentido; cando o suxeito impoñible é gravado pode sentir tamén resentimento. No primeiro caso os destinatarios do resentimento son os doantes, no segundo adoita ser o Estado ou os receptores de axuda (inmigrantes, parasitos sociais, etc). Cando os impostos están ben deseñados, non gravando desproporcionadamente, explicándoselle aos suxeitos o destino dos cartos, habend...